¡Estamos de aniversario! ¿Queres un 20% de desconto?

vintage

En Bichovintage estamos de aniversario. Son xa dous aniños con vós, e para celebralo, dende hoxe e ata o 01/02/2014, obterás un 20% de desconto no teu pedido insertando, antes de finalizar a compra, o código “ANIVERSARIO”.

Moitas grazas por estes dous anos!!

Feliz 2014!

Bueno, rematra este 2013… ¿Tendes xa todo listo para despedir o ano?

Para nós foi un año moi moi intenso, de moito traballo e no que tivemos a sorte de coñecer moi boa xente, así que, nese aspecto, non podemos queixarnos. Temos a cabeza chea de ideas para 2014, xa veremos cantas podemos levar a cabo, pero esperemos que moitas!

Eso si, solo con mirar un pouquiño ao redor vemos que este 2013 é mellor deixalo pasar… Hai demasiada xente que está a pasalo mal en moitísimos sitios. O básico estase a convertir nun luxo, e eso non debemos esquecelo nunca. Dende aquí, todos os nosos mellores desexos para toda esa xente e toda a nosa forza e apoio. Por favor, non deixemos de pensar en eso nin de axudar nunca. Con pouquiño faise moito. As personas primeiro.

Así que o dito, foza e ánimo para este novo ano, que aínda que económica e socialmente non pinta moi ben, entre todos podemos melloralo. Seguro.

Bicos e un millón de grazas por estar ahí. Feliz 2014!

7df5cb1b8e46d7fc7d708e19e9a08bd5

‘Feel sixtie. Be sixtie’. A nova tempada de Bichovintage.

Bichovintage presenta a súa nova tempada cargada de moito sentimento ‘sixtie’, un sentimento de liberación, de creatividade e de vida. Unha proposta colorista que segue a tendencia de anos anteriores, pero que desta vez aposta polo vermello coma cor protagonista.

bichovintage-ntemporada-2

Como gran novidade nesta tempada, Bichovintage ofrécenos prendas vintage auténticas dos anos 60 e 70 que chegan ao século XXI sen uso, totalmente novas, e con posibilidade de escoller talles. Todas elas de gran valor, de calidade e moi difíciles de atopar, confeccionadas en Francia, Italia e Inglaterra e procedentes de restos de stocks de fábricas e tiendas de todo o mundo.

bichovintage-ntemporada-1

Calidade, estilo e prezo para esta nova etapa 2013-14, onde continúan ademáis coas súas propostas xa tradicionais: roupa e complementos vintage de todas as épocas, roupa reciclada e roupa retro actual de distintas marcas para complementar o estilo.

Y como siempre, un gran servicio de atención al cliente y la mayor facilidad en las devoluciones.

bichovintage-ntemporada-3

bichovintage-ntemporada-4

Foto: Lucía Fernández Muñiz

Estilismo

Bos días! ¿Cómo empezamos esta semana? Algúns de vacacións, outros currando, outros desexando estar currando… sexa como sexa, moito ánimo para todos!
Este sábado estuvemos facendo o estilismo para o vídeo promocional dun festival que pechará oficialmente o verán, será en setembro, e ten unha pinta tremenda… xa vos iremos contando… Feliz semana!!

Festa rachada (33 de 63)

Festa rachada (35 de 63)

Foto: Fotografia emocional

Pasou o día e pasou a romaría.

Precisamos de case dous días para recuperarnos do tremendo día que pasamos o pasado sábado na segunda edición da Romaría Pop, que se celebrou no parque de Belvís en Santiago de Compostela. Música, obradoiros para nenos, e moitos postos de roupa vintage, discos, comida e artesanía de todo tipo. A verdade, un luxo en todos os sentidos e un gran éxito de organización e de asistencia. Dende aquí, aproveitamos para felicitar aos membros de Desconcerto Cultural por todo o traballo que se pegaron para organizar tal festa.

I é que ata o verán quiso ofrecernos a súa particular sesión vermú, y regalounos un día tremendo entre outros de choiva, que fixo que algúns luzcamos por fin algo de moreniño nas nosas carnes. Tipo obreiro ou peregrino que se lle coñece por aquí, pero algo é algo. Eso sí, se en vez de tanta roupiña e tanto disco, alguén montara un posto de sombreiros de palla e crema solar, tería feito o seu agosto. Premio ao emprendedor do año.

Para destacar, por enriba de todos os concertos e actividades, e eso é moito dicir, a ambiente xeral que se respiraba, que se sentía, era perfecto gracias á actitude de cada una dos milleiros de persoas que se pasaron por alí. Polo menos que nós saibamos, ningún incidente, un bo rollo xeral, un fantástico clímax que fixo que todo fora perfecto. Algo que simplemente deixa claro que a cidade precisaba de algo así.

Agora queda pasar este verán y estar pendentes de qué vai a ser de este evento o ano que ven, porque como siga crecendo a este ritmo, a criatura vai meter medo. Esperemos que non apareza ningún político aventureiro con ese típico medo a que a xente desfrute libremente.
Agardaremos un aniño e, se depende de nós, voltaremos a estar. Seguro.

Por último, agradeceros a todos os que vos acercastes ata o noso posto. Coñecimos moitísima xente, tanta que seguro que nos veredes un tanto despistados cando falemos a próxima vez. Por favor, non no lo teñades en conta.

Galería de fotos de Desconcerto cultural: http://flic.kr/s/aHsjG75PxH

Romaría Pop 2013

Pois sí, como xa comunicamos por outras vías, este ano volveremos a estar presentes na Romaría Pop, un evento único que recomendamos a todo o que se poida acercar polo parque de Belvís de Santiago de Compostela o próximo día 15 de xuño. Concertos, obradoiros para nenos, mercadillo de roupa e vinilos… Non volo podedes perder.

Ah! E teremos algunha sorpresa para ese día!

Máis información: http://www.romariapop.com

Romaria Pop